Novas

11-05-2018

Inscríbete nos cursos de Capacitación Industria 4.0 do Clúster TIC Galicia

En setembro (confirmaranse as datas proximamente), desenvolveranse cursos de capacitación en ciberseguridade e xestión empresarial e organización 4.0, destinados a traballadores de pemes galegas. Ambos cursos contan co co-financiamento do IGAPE a través do seu programa IG229 - Axudas a proexectos de formación industria 4.0 (2017).

Datos clave dos dous cursos

  • Pre-inscrición e reserva de praza: confirmaranse as datas proximamente.
  • Matrícula: confirmaranse as datas proximamente.
  • Comezo dos cursos: confirmaranse as datas proximamente.
  • Alumnado: traballadores de pemes galegas (conta allea, autónomo dependente...)

CURSO: CiberTIC Galicia, ciberseguridade para a Industria 4.0

A ciberseguridade é unha temática prioritaria en calquera tipoloxía de empresa actual xa que os datos constitúen un dos principais activos das mesmas. Mediante este curso, os alumnos poderán coñecer as ameazas e posibles ataques que poden dirixirse cara os sistemas telemáticos dunha entidade, saberán xestionar a seguridade dos datos na rede ou coñecer os perigos que se agochan no uso de dispositivos móbiles ou en mobilidade.  

  • Programa: 9 módulos teóricos (30h) e 2 prácticos (10h) VER PROGRAMA FORMATIVO.
  • Horario: martes e xoves en horario de tarde (4h) en Santiago de Compostela 
  • Prazas: 20 
  • Custe: 355 € 
  • Pre-inscrición: no seguinte formulario (confirmaranse as datas proximamente)

CURSO: Capacitación en Xestión Empresarial e Organización 4.0

A incorporación das tecnoloxías da Industria 4.0 ás empresas permite dispoñer e procesar un grande volume de datos e información, obtidos ao longo de todo o ciclo de vida dos seus produtos e servizos para a toma de decisións e o desenvolvemento de novos modelos de negocio. Mediante este curso, os alumnos poderán ter os coñecementos chave para a xestión de proxectos empresariais dende a perspectiva da nova Industria 4.0.  

  • Programa: 3 bloques temáticos con 8 sesións de traballo, 6 teóricas (48h) e 4 prácticas (16h) VER PROGRAMA FORMATIVO.
  • Horario: xoves en xornada completa (8h) na Coruña 
  • Prazas: 10 
  • Custe: 580€ 
  • Pre-inscrición: no seguinte formulario (confirmaranse as datas proximamente).

Descargas