Novas

07-02-2019

Alén Space, Queres Tecnologías, Roi Scroll, Developers Foresic Tools, Redegal, Amtega e R gañadoras dos Premios TIC Galicia

Os galardóns entregáronse hoxe na Coruña, nunha gala enmarcada na Lacon9th

Con  estes premios, o Clúster TIC e a Laconnetwork recoñecen o traballo de todos os axentes comprometidos co desenvolvemento do tecido produtivo baseado na Sociedade da Información, poñendo de relevo ante a opinión pública o labor das empresas, profesionais e entidades que deseñan, programan, desenvolven, implantan ou usan produtos ou servizos galegos que teñen na innovación e no uso das novas tecnoloxías a súa razón de ser.